Pero de Bardia Berdia
Pero de Bardia Berdia
Xograr, probablemente galego. Integrado no Cancioneiro de Xograres Galegos, estivo activo entre finais do s XIII e inicios do s XIV. Consérvanse cinco cantigas de amigo, en que introduce o tema da saña ou carraxe, en textos con algúns trazos realistas e cunha variación do esquema métrico en todas as composicións. Tres delas, “Assanhou-s’o meu amigo”, “Jurava-mi o meu amigo” e “Sanhudo m’ é meu amigu’ e non sei” localízanse no santuario de Santa Marta, posiblemente Santa Marta de Verdía, en Santiago de Compostela.
Cronología
-
Deceso
Lugar : XIV -
Nacemento
Lugar : Verdía, Santiago de Compostela