Pero de Veer Ver
Pero de Veer Ver
Xograr, probablemente galego. Consérvanse oito composicións: dúas de amor que son “Mha senhor fremosa por Deus” e “Non sey eu tenpo quand’ eu nulha ren”, en que aparecen algúns xogos de repetición que evidencian o seu coñecemento da lírica provenzal, e seis de amigo, como “A Santa Maria fiz ir meu amigo”, “Do meu amig’, a que eu quero ben” e “Vejo-vos, filha, tan de coraçon”, en que aparecen referencias ao santuario de Santa María, e mesmo unha relación co topónimo de Jullan, onde a amada conta a súa historia de amor.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ver, Bóveda