Pero Gonçalvez de Portocarreiro
Pero Gonçalvez de Portocarreiro
Trobador portugués. Membro da familia nobre dos Portocarreiro, fillo de Gonçalo Viegas e Sancha Perez, segundo os Livros de Linhagens, a súa estirpe mantivo boas relacións coas cortes portuguesa e castelá e protagonizou diversos feitos desa época. Activo a partir de finais do s XIII, posiblemente na corte de Afonso III de Portugal, e de seguro na de Afonso X, escribiu catro cantigas de amigo: “Par Deus, coitada vivo”, “O anel do meu amigo”, “Ai meu amigu’ e meu senhor” e “Meu amigo quando s’ia”.