Perosi, Lorenzo

Perosi, Lorenzo

Compositor italiano. Foi sacerdote e estudou música en Milán e Ratisbona. Mestre director da Capela Sistina (1915-1917), contribuíu á reforma da música eclesiástica decretada polo Papa Pío X (1903). Escribiu oratorios, como a Passione de Marcos (1897), e unhas 25 misas, en que mestura canto, polifonía e orquestración moderna.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tortona, Piemonte

  • Deceso

    Lugar : Roma