Peroxa, castelo da

Peroxa, castelo da

Construción situada na Peroxa. Datado na época medieval, está erixido sobre un castro e posiblemente foi construído no s VIII para frear as incursións dos musulmáns en Galicia. Pertencente aos Temes, no s XIII foi lugar de estancia do adiantado maior de Galicia, casa dun gobernador local e posteriormente propiedade do conde de Ribadavia. O recinto exterior é defensivo e o interior conserva os cimentos da torre da homenaxe, que foi restaurada. Durante algún tempo foi sede da casa consistorial da Peroxa. Foi declarado BIC en 1994.

Palabras veciñas

Peroxa, A | Peroxa, A | Peroxa, A | Peroxa, castelo da | Peroxa, pazo da | peroxi- | peroxiácido