Peroxa, pazo da

Peroxa, pazo da

Construción situada en Portas. Fundado cara a 1600 por Luís Mosquera, conta cun edificio principal, un patio e distintos edificios secundarios anexos ao muro de peche. Destacan os tres escudos do portón coas armas dos Caamaño, Somoza, Pereira, Figueroa e Mosquera, entre outros. Nas súas proximidades sitúase a capela e unha torre que delimita o patio.

Palabras veciñas

Peroxa, A | Peroxa, A | Peroxa, castelo da | Peroxa, pazo da | peroxi- | peroxiácido | peroxidación