peróxido
(
-
s
m
[QUÍM]
Cada un dos compostos que conteñen o grupo -O-O-, onde cada átomo de osíxeno presenta un número de oxidación de -1. Poden ser considerados formalmente como derivados do peróxido de hidróxeno (H-O-O-H), onde un ou ambos os dous átomos de hidróxeno foron substituídos por grupos orgánicos ou inorgánicos, e teñen unha grande importancia os dos metais alcalinos e alcalinotérreos, que se empregan como desinfectantes e branqueadores. Entre os peróxidos orgánicos cómpre distinguir os de fórmula xeral R-O-O-H ou hidroperóxidos, onde R pode ser un grupo alquil, aril ou outro radical; e os de fórmula R-O-O-R, chamados propiamente peróxidos. Os peróxidos orgánicos rómpense facilmente e dan lugar a radicais do tipo R-O-, razón pola que algúns deles atopan aplicación industrial como iniciadores de reaccións de polimerización radicalarias (peróxidos de benzoilo) e como axentes de branqueo.
-
efecto peróxido
[QUÍM]
Explicación que se dá ao feito de que en presenza de peróxidos ou doutras substancias capaces de orixinar radicais, as adicións de haloxenuros de hidróxeno, especialmente o bromuro de hidróxeno, en olefinas transcorren conducindo a produtos contrarios aos previstos pola regra de Markovnikov.
-
índice de peróxidos
[ALIM]
Medida de enranciamento oxidativo das graxas, mediante a determinación dos peróxidos presentes. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].