peroxio, radical
peroxio, radical
[QUÍM]
Cada unha das especies radicalarias de fórmula xeral R-O-O- formadas por reacción dun radical orgánico libre co osíxeno molecular. Os radicais peroxio teñen unha reactividade relativamente baixa, interveñen nos procesos de autooxidación responsables do avellentamento dunha gran cantidade de materiais e poden actuar como inhibidores nalgunhas reaccións de polimerización. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].