perpendicular style*
perpendicular style*
[ARQUIT]
Última fase da arquitectura gótica inglesa. Substitúe as curvas e contracurvas do gótico flamíxero por rectas paralelas. Nesta fase realizáronse, entre outros, o presbiterio da catedral de Gloucester, a capela de Saint George de Windsor e a do King’s College de Cambridge.