personalismo
(< lat personāle)
-
s
m
Acción ou feito de personalizar ou de referirse a unha persoa determinada.
-
s
m
[FILOS]
-
Actitude ou tendencia filosófica que concede a primacía, no conxunto da realidade, á persoa ou dimensión persoal, que se ve transcendendo o ámbito físico-biolóxico en virtude dunha autonomía e liberdade radicais. Tivo un particular ascenso en América do Norte, desde principios do s XX (Bowne, R. T. Flewelling) e en Francia, a partir da década de 1930.
-
Corrente filosófica personalista francesa de inspiración cristiá e iniciada cara á década de 1930, caracterizada como un intento de superar á vez o individualismo e a despersonalización, propia tanto da sociedade contemporánea como das tendencias totalitaristas que reducen ao home a puro momento ou instrumento da colectividade estatal. Un dos seus representantes máis destacados foi E. Mounier.
-
-
s
m
Tendencia a vincular os intereses comúns aos persoais.