Perth

Perth

Capital do estado de Australia Occidental, Australia, situada na desembocadura do río Swan, na baía de Fremantle, no Océano Índico (1.339.993 h [2001]). Fundada en 1829, experimentou un grande aumento demográfico grazas á explotación das minas de ouro. É o primeiro centro administrativo, comercial e financeiro do oeste, e tamén un activo centro industrial.