Pešcov, Aleksej Maksimovič

Pešcov, Aleksej Maksimovič

Escritor ruso. Coñecido como Maksim Gor’kij, combinou primeiramente o realismo ruso co romanticismo revolucionario. Presentou a condición humana dos marxinados, de forma comprensiva e favorable, a evolución da burguesía e o nacemento do proletariado. En 1899 uniuse aos activistas revolucionarios marxistas e en 1902 foi proposto para a Academia Rusa de Ciencias, pero foi vetado polo tsar. Participou na Revolución de 1905, polo que foi encarcerado a finais de 1906. Logo de viaxar por diversos países a fin de conseguir cartos para o Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso, adheriuse á Revolución de Outubro (1917) e colaborou na organización da vida cultural soviética. En 1934 presidiu o I Congreso de Escritores Soviéticos, onde se proclamou o realismo socialista. Da súa obra destaca Mat’ (A nai, 1902), un libro propagandístico sobre o espírito revolucionario dunha anciá campesiña; e as obras autobiográficas Detstvo (A miña nenez, 1913), V Ijud’akh (Camiñando polo mundo, 1916) e Moi universitety (As miñas universidades, 1922). Ademais escribiu contos, novelas e diversos ensaios sobre política, dos que destaca Lenin (1924) e a obra crítica Lembranzas de Tolstoj, Čekhov e Andrejev (1920-1928).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nižnij Novgorod

  • Deceso

    Lugar : Moscova