Petrodvorec
Petrodvorec
Cidade de Rusia e suburbana de San Petersburgo, situada na costa sur do golfo de Finlandia (77.000 h [1987]). Ata 1944 recibiu o nome de Peterhof, herdado de Pedro o Grande, o seu fundador. Foi residencia de verán dos tsares ata o s XIX. Destaca polos seus palacios, entre os que cómpre subliñar o Gran Palacio, iniciado por A. Leblond en 1715.