petroleiro -ra

petroleiro -ra

(< petróleo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao petróleo ou aos seus derivados.

  2. s

    Persoa que se dedica á industria ou ao comercio de petróleo e dos seus derivados.

  3. s m [MAR]

    Barco de carga, xeralmente de grandes dimensións, especialmente concibido e construído para o transporte de combustibles líquidos non envasados previamente. Caracterízase pola súa elevada resistencia estrutural, pola absoluta estanquidade dos seus tanques, pola existencia de todo un sistema de bombeo de gran caudal, exclusivo para o movemento de carga e, polo tanto, independente das outras bombas do barco, e pola existencia dun complexo sistema de ventilación e extracción dos vapores producidos pola carga. Os petroleiros teñen un aspecto exterior moi característico xa que na popa levan as máquinas (motores de combustión interna ou turbinas), a ponte de mando e os camarotes e servizos da tripulación. Algúns están especialmente acondicionados para o transporte de produtos espesos, como o asfalto, ou de hidrocarburos gasosos transportados a presión, como o metano.

  4. s [HIST]

    Revolucionario que na Comuna de París (1871) utilizou o petróleo como materia incendiaria.