Petromyzon

Petromyzon
[ANIMAL/ICT]

Xénero de peixes ciclóstomos, da familia dos petromizónidos, que presentan o corpo alongado e cilíndrico e a boca en forma de embude provista de numerosos dentes córneos. A especie que se dá en Galicia, P. marinus, vive no mar pero reprodúcese no río.

Palabras veciñas

petroloxía | petrolóxico -ca | petromizóntido -da | Petromyzon | Petronia | Petronia | Petronila