Petronia
Petronia
Cidade mítica situada no lugar de Lagosteira, en San Martiño de Duio (Fisterra). Segundo algúns estudosos, desapareceu, no ano 63 a C, asolagada polo mar sen causa coñecida; outros pensan que foi incendiada no s V polo rei suevo Rechila. Tamén se coñece co nome de Duio (Dugium ou magnus portus artabrorum).