Peyrefitte, Roger
Peyrefitte, Roger
Escritor e diplomático francés. Formouse na Universidade de Toulouse e na Ecole des Sciences Politiques. Foi secretario na embaixada francesa en Atenas (1933-1938). Coa súa primeira novela, Les Amitiés particulières (1944, Prix Renaudot), obtivo certo éxito. Da súa obra, en que denuncia e critica as hipocrisías da sociedade, destacan L’oracle (1949) e Des français (1970), e as obras biográficas La jeunesse d’Alexandre (1977), Propos secrets (1977), L’illustre écrivain (1982) e La soutane rouge (1983). En 1993 tirou do prelo Le Dernier des Sivry, en que analiza o tema da homosexualidade.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Castres -
Deceso
Lugar : París