Philadelphia
Cidade do estado de Pennsylvania, EE UU, situada na plataforma fluvial, na confluencia do Delaware co seu afluente, o Schuykill (1.517.550 h [2000]). Fundada en 1682 por William Penn, ao cabo de cen anos converteuse no principal centro económico e cultural do país. De 500.000 h en 1860 pasou a 1.850.000 h en 1900, polo apoxeo comercial e industrial derivado das condicións de navegabilidade do Delaware. É un gran centro industrial onde a principal actividade é a de transformación, seguida da siderurxia e a metalurxia. Tamén é un centro de ensino, con 14 universidades. Do seu patrimonio cultural destacan numerosos edificios do s XVIII, como a Christ Church (1712-1741), onde se proclamou a independencia de EE UU, e o City Hall (1790). Entre os museos, destacan o Philadelphia Museum of Art (1885) e a Pennsylvania Academy of Fine Arts.