Philip Morris Incorporated

Philip Morris Incorporated

Empresa tabaqueira que Philip Morris fundou en Londres en 1847. En 1902 trasladouse a Nova York e, en 1919, pasou a denominarse Philip Morris & Co. En 1954 diversificou as súas actividades e creou Philip Morris International e, en 1985, constituíu o holding Altria Group Inc, formado en 2003 polas empresas Philip Morris International, Philip Morris USA, Philip Morris Capital Corporation, Kraft Foods e Nabisco.