Phnom Penh
Phnom Penh
Capital de Camboxa, situada na beira do Mekong, antes do delta (570.155 h [1998]). A 280 km do mar, é un importante porto accesible polo río. Ademais da industria tradicional artesá, xurdiron industrias modernas como a téxtil, a mecánica, de madeira e do papel, tabaco e destilarías. En 1975 foi ocupada polos Khmeres Vermellos e a poboación civil tivo que abandonala.