Phobos
Phobos
[COSMON]
Nome das dúas sondas enviadas a Marte e aos seus satélites pola Unión Soviética (1988). A Phobos-1 foi lanzada o 7 de xullo e a Phobos-2 cinco días despois. A primeira obtivo imaxes en raios X da coroa solar; a Phobos-2 estivo a 50 m da superficie de Fobos. Chegou á órbita de Marte en 1989.