Phryganea
Phryganea
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de insectos tricópteros, da familia dos frigánidos, que se caracterizan por ser de pequeno tamaño e coloración parda. As larvas viven en auga doce, e fabrican refuxios con grans de area. En Galicia dáse a especie P. grandis, de ata 40 mm, con aspecto de bolboreta nocturna e de voo nocturno durante o verán.