Phrynosoma

Phrynosoma
[ANIMAL]

Xénero de réptiles lepidosauros, escamosos, da familia dos iguánidos, de ata 16 cm de lonxitude, de forma case discoidal, coa cabeza, a cola e as patas moi curtas, de cor gris ou amarela, vivíparos e ovovivíparos. Protéxense dos seus depredadores, as serpes e as rapaces, lanzando a través do iris chorros de sangue, mediante contraccións dos músculos cefálicos, ata 2 m de distancia. Distribúense por EE UU e habitan desde México ata Canadá.

Palabras veciñas

Phragmites | Phryganea | Phrynorhombus | Phrynosoma | Phu Yen | Phuket | PHWR