1 pía

1 pía

(

    1. s f

      Recipiente cóncavo de pedra, arxila ou outro material, para conter líquidos, de diversas formas e tamaños.

    2. pía bautismal [RELIX]

      Pía destinada a administrar o sacramento do bautismo. Introduciuse coa supresión do bautismo por inmersión.

    3. pía de auga bendita/bieita [RELIX]

      Pía colocada na entrada das igrexas, que contén auga bendita con que os fieis se persignan ao entrar no templo.

  1. s f

    Recipiente, co fondo máis pequeno ca a parte superior, de pedra, madeira ou doutro material, onde se lle bota de comer ao porco ou a outros animais.

    Sinónimos: maseira, bacía.
  2. s f

    Peza do muíño onde se introduce o ovo.

  3. s f [XEOG]

    Concavidade de planta oval moi regular, que se desenvolve na parte superior das rochas graníticas como consecuencia de fenómenos de desagregación en puntos onde a auga pode ser retida.

Frases feitas

  • Terlle mala pía. Terlle manía ou zuna a alguén.