Picandon

Picandon

Xograr occitano. Activo no segundo cuarto do s XIII, estivo ao servizo do trobador lombardo Sordello de Goito, autor de cantigas en occitano e que residiu na Península Ibérica ao redor do ano 1230. Consérvase unha tenzón deste xograr con Johan Soarez Coelho (‘Vedes Picandon, sõo marvilhado’), composta entre 1239 e 1243 na corte do conde Ramon Berenguer IV, en que se burla das súas escasas calidades poéticas e que remata presentándolle as súas desculpas.