Picinni, Nicolò
Picinni, Nicolò
Compositor italiano. En 1776 estableceuse en París, protexido de María Antonieta, onde o seu estilo de autor da escola napolitana foi adoptado como bandeira polos melómanos franceses que se opoñían ás reformas de Ch. W. Gluck. Co inicio da Revolución Francesa regresou a Italia ata que, pouco antes da súa morte, volveu á capital francesa para facerse cargo do seu Conservatorio. Autor de máis de cen óperas serias e bufas, en que denota a súa preocupación pola caracterización psicolóxica dos personaxes, destacan La cecchina ossia la buona figliuola (1760) e Didon (1783).
Cronología
-
Deceso
Lugar : Passy, Île -
Nacemento
Lugar : Bari, Puglia -
Deceso
Lugar : France