piciforme
piciforme
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos piciformes.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da orde dos piciformes.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Orde de aves, de 8 a 60 cm de lonxitude, coas patas cigodáctilas e os dedos provistos de garras fortes. Aniñan en buratos feitos na terra ou nas árbores, e os polos nacen cegos e nus. Son arborícolas e o seu voo é mediocre e marcadamente ondulado. Habitan nos bosques das rexións tropicais e temperadas, agás en Australia, Nova Zelanda, Madagascar e Polinesia.