Pico della Mirandola, Giovanni

Pico della Mirandola, Giovanni

Filósofo humanista, señor de Mirandola e conde de Concordia. Estudou dereito canónico e filosofía aristotélica e formouse na mística de Averroes. En 1486 fixo imprimir en Roma, precedidas da Oratio de hominis dignitate, as novecentas Conclusiones philosophicae, cabalisticae et theologicae in omni genere scientiarum, síntese de filosofía platónica, de cábala, de maxia astrolóxica e de doutrina relixiosa. A curia romana condenou parte da obra, motivo polo que foi encarcerado en Vincennes (1488). Volveu a Florencia e recibiu finalmente a absolución de Alexandre VI (1493). Outros escritos representativos do seu humanismo son Heptaplus de septiformi sex dierum Geneseos enarratione (1490), De ente et uno (1491) e Disputationes adversus astrologiam divinatricem.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mirandola

  • Deceso

    Lugar : Florencia