picota
picota
(< fr picot)
-
s
f
[HIST]
Instrumento de suplicio usado en moitos países de Europa ata o segundo terzo do s XIX, que consistía nun poste con tres buracos ou argolas para as mans e a cabeza, onde se expoñían os malfeitores á vergoña pública. Adoitaban estar na entrada das vilas ou nun lugar público.
Sinónimos: pelouriño. - s f
Frases feitas
-
Poñer (a alguén) na picota. Poñer en evidencia a alguén.