picota

picota

(< fr picot)

  1. s f [HIST]

    Instrumento de suplicio usado en moitos países de Europa ata o segundo terzo do s XIX, que consistía nun poste con tres buracos ou argolas para as mans e a cabeza, onde se expoñían os malfeitores á vergoña pública. Adoitaban estar na entrada das vilas ou nun lugar público.

    Sinónimos: pelouriño.
  2. s f
    1. Parte superior dun monte pouco elevado.

    2. Monte pouco elevado.

      Sinónimos: petouto, picoto, picouto.

Frases feitas

  • Poñer (a alguén) na picota. Poñer en evidencia a alguén.