Picos Villar, Cristina

Picos Villar, Cristina

Escritora. Coñecida como Cristina Amenedo, dedicouse profesionalmente ao ensino, labor que compaxinou coas súas colaboracións en El Correo Gallego, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, e coa súa produción literaria. Autora dos libros de poemas Mar aberto (1983), dedicado a Aurelio Aguirre; Silvo de vento mareiro (1988), Ledicia: unha loita contra o desánimo, a esperanza nunca desfeita (1997) e Corazón al viento: poemas en castellano y poemas en gallego (1997); os ensaios Galicia: ruta de la espiritualidad (1993) e Juan Ramón Jiménez, ruiseñor universal (1981, Premio Juan Ramón Jiménez); e a novela Vivir siempre en despedida (1996), sobre os fuxidos de Galicia durante a Guerra Civil Española. Foi galardoada co Premio Manos Unidas polos seus artigos sobre o Terceiro Mundo e co Premio Pérez Lugín.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Martiño do Porto, Cabanas