piedade
(
-
s
f
Devoción ou virtude moral que inclina a actos de devotos nas cousas santas ou de relixión.
-
s
f
Compaixón ou sentimento de dor provocados pola desgraza dos outros.
-
s
f
[RELIX]
Un dos sete dons do Espírito Santo, que perfecciona a vontade do home, inculcándolle un amor filial a Deus e facilitándolle o exercicio das virtudes cristiás, sobre todo as obras de misericordia, a veneración e o amor aos pais, a compaixón polos desvalidos e a devoción ás cousas santas.
-
s
f
[ARTE]
Representación iconográfica derivada do ciclo da Paixón ou Descenso da cruz que representa a María co seu fillo morto sobre o colo. Divulgada pola arte alemá a finais do s XIV, de onde pasou a Italia (s XV) e ao resto de Europa, chegando a ser unha temática dominante, primeiro en pintura e despois en talla. A partir do s XVIII foise abandonando a súa representación. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.