Piedmont

Piedmont

Rexión de EE UU situada entre os Apalaches e a chaira costeira. Está constituída por un altiplano de granitos e gneis, fortemente cortado polos ríos atlánticos. En contacto coa baixa chaira litoral, está marcada por un forte escarpamento, Fall Line, unha zona de fervenzas e rápidos en que se produce enerxía hidroeléctrica.