Piedrabuena
Piedrabuena
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado á beira do Guadiana e regado polo río Bullaque (4.671 h [2001]). No sector primario destaca a explotación forestal, a agricultura e a gandaría. Ademais das industris derivadas e dos tradicionais curtidoiros, tamén existen empresas vinculadas coa electrónica e a metalurxia.