Pike, Kenneth Lee
Pike, Kenneth Lee
Lingüista. Desde 1948 ata 1978 ensinou na University of Michigan. As súas investigacións comezaron co estudo das linguas autóctonas de México -inicialmente estudou o mixteco- e, posteriormente, estendeu o seu interese a outras linguas pouco coñecidas de distintos países (Filipinas, Nova Guinea, Ghana, Perú, etc). Elaborou a teoría lingüística integral denominada tagmémica. Dos seus escritos destacan, Phonetics (1943), Phonemics (1947), Tone Languages (1948), Language in Relation to a Unified Theory of the Struture of Human Behavior (1954-1960), Linguistic Concepts (1982) e Grammatical Analysis (1982).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Woodstock, Connecticut -
Deceso
Lugar : Dallas, Texas