Pilar, igrexa do
Pilar, igrexa do
Igrexa situada en Santiago de Compostela. Datada na primeira metade do s XVIII, ten unha soa nave de planta rectangular con muros de cantaría de granito. No seu interior destaca o altar maior, obra de Miguel de Romay (1720), en que hai un Xesús Cristo policromado realizado por Castor Lata Montoiro. Na fachada sitúase unha fornela en forma de vieira que acolle unha imaxe de vulto redondo da Virxe do Pilar. O conxunto coróase nos extremos con dúas torres.