Pilar, Nuestra Señora del
Pilar, Nuestra Señora del
Santuario dedicado á Virxe do Pilar, situado en Zaragoza, no lugar onde a lenda di que a Virxe se lle apareceu ao Apóstolo Santiago sobre un piar de mármore xunto ao Ebro. Trátase da primeira aparición da Virxe. A igrexa baséase no proxecto de Francisco Herrera o Mozo, moi modificado por arquitectos posteriores. Destacan a capela da Virxe, as pinturas de Bayeu e de Goya e o retablo maior renacentista. Foi declarada BIC en 1904.