Pilon, Germain
Pilon, Germain
Escultor e modelista. Discípulo de P. Bontemps, co que colaborou na tumba de Francisco I, realizou segundo o proxecto de F. Primaticio, as esculturas da Rotonde des Valois e o Monument du coeur du roi Henri II (1561). Elaborou entre 1565 e 1570 as estatuas do sepulcro real conservadas na abadía de Saint-Denis e traballou nas capelas secundarias da Rotonde (Saint François dans l’extase). Tamén realizou a estatua orante en bronce do Chancelier René de Birague (1584-1585), o sepulcro de mármore da esposa deste, Valentine Balbiani, e o busto de Jean de Morvilliers. Ademais esculpiu a medalla de todos os Valois.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso