pilono

pilono

(

s m [ARTE]

Construción maciza que servía de acceso aos templos na arte exipcia. É unha parede monumental formada por un muro alto e ancho en forma de tronco de pirámide en noiro cunha porta central. As torres dos lados representaban os cantís de cada beira do val do Nilo e as dúas montañas que flanquean o disco solar. As paredes son trapezoidais e tiñan aberturas en que se situaban os mastros e bandeirolas que simbolizaban a presenza do deus. Estaban precedidos de obeliscos que aludían á morada do deus, á relación entre o terrestre e o solar, ao sagrado, ou ao coloso dos reis sedentes simbolizando os fillos viventes do deus. A decoración ten escenas en relevo de temas históricos ou relixiosos, ou o sacrificio de prisioneiros por parte do faraón en presenza do deus ao que estaba dedicado o templo.

Palabras veciñas

Pilocha | Pilon, Germain | Piloña | pilono | Piloño | Piloño | Piloño, Santa María de