pilotaxe

pilotaxe

(< pilotar)

  1. s f

    Acción e efecto de pilotar.

  2. s f [AERON]
    1. Sistema de navegación aérea que utiliza indicacións e características do terreo sobrevoado para fixar en todo momento a posición da aeronave.

    2. Conxunto de manobras necesarias para obter a posición da aeronave e fixar a ruta.

  3. s f

    Arte ou oficio de piloto.

  4. s f [MAR]

    Dereito que pagan as embarcacións ao entrar nalgúns portos.

Palabras veciñas

pilosidade | piloso -sa | pilotar | pilotaxe | piloto | Piloto, O | Piloty, Karl Theodor von