piloto
(
-
adx
Que presenta carácter experimental ou que serve de proba. OBS: Non presenta variación de xénero.
Ex: Farán unha proba piloto para ver se funciona o sistema.
-
s
Persoa que manobra ou leva unha embarcación ás ordes do capitán, de quen, en caso necesario, asume as funcións.
-
-
s
Persoa que manobra e leva unha aeronave.
-
piloto de probas
Piloto responsable da verificación das características e da resistencia dun novo avión ou dos que sufriron algunha reparación importante, mediante voo de ensaio xeralmente perigoso.
-
s
-
-
s
Persoa que conduce un automóbil ou unha motocicleta, especialmente nunha competición.
-
piloto de probas
Especialista en efectuar probas de prototipos de automóbil ou de motocicleta.
-
s
-
s
m
[TECNOL]
-
Luz que se acende ou se apaga, segundo os casos, e sinala o bo ou mal funcionamento dun dispositivo, aparato ou sistema.
-
Luz de pouca potencia que está permanentemente acesa para evitar a escuridade absoluta en cines ou locais públicos.
-
-
piloto automático
[AERON/MAR]
Sistema de goberno automático de embarcacións, aeronaves ou foguetes capaz de efectuar as manobras de corrección necesarias e, no caso das aeronaves, de manter a altitude de voo. Está formado, xeralmente, por un xiroscopio e un servomotor. Cando a aeronave, o foguete, a embarcación, etc, se desvían respecto á orientación da agulla xiroscópica, esta acciona o servomotor, que actúa sobre os mandos ou elementos de dirección.