Pinal do Rei, laxe de
Pinal do Rei, laxe de
Gravado rupestre situado en Cangas. Ten unhas dimensións de 6 por 5 m. Na rocha hai combinacións circulares acompañadas de cérvidos, dos que se distingue un macho con cornamenta, ademais de figuras antropomorfas e cazoletas. O máis destacable son dúas escenas de monta de homes sobre cuadrúpedos.