Piñal
Piñal
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que trae como armas en campo de ouro unha faixa de goles, acompañada de cinco piñas, de sinople, tres arriba e dúas abaixo. Outra variante trae en campo de prata, unha árbore de sinople e un lobo andante, de prata, atravesado ao pé do tronco, e a cada lado unha vieira de azul, bordura de prata, con seis aspas de goles.