Pincherle, Alberto

Pincherle, Alberto

Escritor. Coñecido como Alberto Moravia, nos seus primeiros escritos amosou a súa preocupación polas dificultades morais das persoas alienadas na sociedade e que non podían afastarse das circunstancias. Ademais, centrou parte da súa obra na descrición dos vicios inconfesables da sociedade burguesa, cunha visión dos personaxes que resulta fría ao lector e onde amosa as súas debilidades. A súa primeira novela Gli indifferenti (1929), unha das obras máis representativas da narrativa italiana do s XX, amosa o seu estilo austero, deliberadamente monótono, preciso e realista. Tamén escribiu os conxuntos de narracións La bella vita (1935), L’imbroglio (1937) e La villa di venerdi (1990), as novelas neorrealistas Agostino (1944), La romana (1947), La cociaria (1957), La noia (1960), L’automa (1962), Io e lui (1971), La vita interiore (1978), 1934 (1982) e L’uomo che guarda (1985), dotada dun enorme trasfondo ideolóxico.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Roma

  • Deceso