Pinheiro, António Costa
Pinheiro, António Costa
Pintor portugués. Na década de 1950 instalouse en Múnic e colaborou na formación do grupo KWY, xunto a outros artistas portugueses asentados en París. Comezou cunha pintura de corte expresionista, caracterizada polo lirismo e a violencia cromática e evolucionou cara a propostas poscubistas. Na década de 1970 aproximouse á linguaxe conceptual a través dos seus proxectos-arte. Da súa obra destaca a serie dos Príncipes de Portugal (1968-1970) e O astronauta e o planeta cósmico (1973).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Moura, Beja