Pink Floyd

Pink Floyd
[MÚS]

Grupo instrumental británico de rock fundado en 1965 por Roger Waters, Bob Klose, Syd Barrett, Richard Wright e Nick Mason. Caracterizouse pola busca sonora con instrumentos electrónicos, que o levou a traballar nos campos do rock progresivo e psicodélico, así como polos seus espectáculos en vivo. Da súa discografía destacan The Piper at the Gates of Dawn (1967), Atom Heart Mother (1970), Dark Side of the Moon (1973), The Wall (1980), The Division Bell (1994) e The Final Cut (2004).