Pino, pazo do
Pino, pazo do
Construción situada en Culleredo. Edificado a comezos do s XVIII por Juan Sánchez del Pino, a fachada configúrase en forma de L e nela destaca un patín ao que se accede por medio dunha escaleira disposta en ángulo. Sobre a porta sitúase un escudo. A parte posterior presenta forma de U, como consecuencia de pegar ao corpo principal do pazo un forno nun lado e unha capela, polo outro, que enlaza por un paso elevado. A vivenda ten dúas alturas, a inferior acolle os diversos servizos do pazo e a superior os cuartos e as estancias.