pipa

pipa

(< lat v *pipa ‘frauta’)

  1. s f
    1. Recipiente grande de madeira para conter líquidos, especialmente viño, máis pequeno ca o bocoi, e cunha capacidade que pode ir dos 250 aos 300 litros.

      Confrontacións: barrica, barril, bocoi, pipo, pipote.
    2. Medida de capacidade que corresponde ao contido dunha pipa, que pode ir dos 250 aos 300 litros.

  2. s f

    cachimba

  3. s f [TECNOL]

    Peza xiratoria do distribuidor de acendido, sincronizada co cegoñal, que nos motores de acendido por chispa recibe a corrente eléctrica de alta tensión procedente da bobina e a traslada sucesivamente a cada unha das buxías.

  4. pipa de Surinam [ANIMAL]

    Anfibio anuro da suborde dos opistocelos, que pode mesmo chegar a 20 cm de lonxitude total. A femia presenta no lombo unha serie de cavidades onde pon os ovos, mediante a evaxinación e o desvío da cabeza polo tubo cloacal. Habita na zona tropical e ecuatorial de América do Sur.

Palabras veciñas

pioxénese | pióxeno -na | Pioza, A | pipa | Pipa, A | Pipa, A | pipal