barril

barril

(< lat *barrile ou barriculu)

  1. s m [ETN]

    Recipiente de madeira feito con doelas unidas por aros onde se transportan ou gardan certos líquidos. No caso concreto do viño empréganse, sobre todo, para conservalos e envellecelos. OBS: Aplícase normalmente aos de tamaño mediano.

    Ex: Polo san Martiño abillamos un barril de viño branco e outro de tinto.

    Confrontacións: barrica, bocoi, cuba, fuste, pipa, pipo, pipote, tonel.
  2. s m [ETN]

    Recipiente de barro avultado na parte do medio, con asas e cunha ou dúas bocas estreitas, unha para encher e outra para beber líquidos, especialmente os labradores e xornaleiros.

    Ex: Caeume o barril coa auga ó chan e escachou.

    Confrontacións: porrón.
  3. s m [METROL]

    Medida de capacidade empregada no petróleo bruto, equivalente a 120 litros, aproximadamente.

Palabras veciñas

barrigán -na | barrigudo -da | barriguemes | barril | barrilete | barrilla | barrilleira