barril
barril
(< lat *barrile ou barriculu)
-
s
m
[ETN]
Recipiente de madeira feito con doelas unidas por aros onde se transportan ou gardan certos líquidos. No caso concreto do viño empréganse, sobre todo, para conservalos e envellecelos. OBS: Aplícase normalmente aos de tamaño mediano.
Ex: Polo san Martiño abillamos un barril de viño branco e outro de tinto.
Confrontacións: barrica, bocoi, cuba, fuste, pipa, pipo, pipote, tonel. -
s
m
[ETN]
Recipiente de barro avultado na parte do medio, con asas e cunha ou dúas bocas estreitas, unha para encher e outra para beber líquidos, especialmente os labradores e xornaleiros.
Ex: Caeume o barril coa auga ó chan e escachou.
Confrontacións: porrón. -
s
m
[METROL]
Medida de capacidade empregada no petróleo bruto, equivalente a 120 litros, aproximadamente.